BASES II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
“A MULLER TRABALLADORA NO GROVE”

Organiza:
Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello do Grove

Participantes:
Poderán participar todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, cun máximo de tres fotografías por persoa.

Tema:
Situacións que reflictan o traballo das mulleres do Grove en calquera eido.


Formato:

As fotografías serán orixinais e non premiadas noutros concursos. Poden ser en branco e negro ou en cor, cun tamaño mínimo de 20 x 30 cm.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Prazo e lugar de presentación:
As fotografías presentaranse na Casa do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas, ata o 18 de febreiro.

Forma de presentación:

Entregarase cada fotografía de forma independente en sobre pechado, coa indicación “II Concurso de fotografía”.

As normas a cumprir son as seguintes:

  • No reverso da fotografía figurará o título da obra.
  • Os traballos irán acompañados dun sobre pechado aparte, co mesmo título ou lema de identificación, e no seu interior figurarán nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI.


Establécense os seguintes premios:
1º premio: 300 €
2º premio: 200 €

3º premio: 100 €

Xurado:

- O xurado será o Consello Local da Muller.
- O fallo do xurado comunicarase ás persoas interesadas o 20 de febreiro.
- Os premios entregaranse no marco dos Premios Meca da Igualdade.

Destino das obras:

- O Concello do Grove resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a.

- A fotografía gañadora será empregada na campaña do Día Internacional da Muller Traballadora.

- Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.


Varios:

- A participación neste concurso implica a plena aceptación das presentes bases e a resolución pola organización de calquera eventualidade non contemplada nas mesmas.


+info:TodoGrove.com O Grove en un click - Igualdade e Benestar anuncia o “II concurso de fotográfico A muller traballadora no Grove”